Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 B1 B5 B11 C6 C7 Será unha proba escrita individual a desenvolver sobre un suposto teórico con todo o material que o alumno/a considere oportuno. Realizarase ao remate do ciclo formativo e versará sobre os coñecementos da asignatura 20
Análise de fontes documentais B1 B5 B11 C6 Traballo en grupos para elaborar informes de casos psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas a alumnado de 6-12 anos. 15
Proba obxectiva A2 B22 B23 Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia, a través de preguntas de resposta breve e múltiple. 25
Traballos tutelados A2 A7 A11 B1 B5 Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de primaria e elaborar informes/artigos en base aos datos obtidos. Estes traballos faranse en grupos non superiores a catro persoas. 25
Aprendizaxe colaborativa B1 B5 B11 Traballo realizado en pequenos grupos que consiste na realización de actividades a facer maioritariamente na aula para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 15
 
Observacións avaliación
GRUPO A:

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA AULA (> 85%):
O sumatorio das cualificacións obtidas na aprendizaxe colaborativa (máx. 4) e na proba de ensaio (máx. 6) constitúe a cualificación dos coñecementos teóricos.
O sumatorio das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e estudo de fontes (máx. 10) constitúe a cualificación dos coñecementos prácticos.
A cualificación final será a media entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 4).

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE NA AULA (< 85%)
A avaliación farase en función da media entre a cualificación obtida na proba obxectiva (máx. 8) e o sumatorio dos traballos tutelados e estudo de casos (máx. 10) (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 4).

Opción C. ALUMNADO DE OUTRAS CONVOCATORIAS
A avaliación farase en función da media entre a cualificación obtida na proba obxectiva (máx. 10) e o sumatorio dos traballos tutelados e estudo de casos (máx. 10) (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 4).

NOTAS.
1. No caso de terse aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos).
2. A cualificación de NP darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descrita


GRUPO B:

Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%):

  • Coñecementos
    prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes
    mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60 % da
    nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para
    poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos
    establecidos.
  • Coñecementos teóricos: Mediante a Probade resposta
    múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da
    nota final.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados
nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a
obtención da nota final.

A cualificación final será a suma da
cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se
realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se
obteña o 50% da puntuación posible.

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)

Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado:

* Que en aplicación da "Normaque regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña"
(aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle
recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao
Decano/a a correspondente dispensa académica quedarán eximidos da
obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas.

* Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores).

pasando a súa avaliación a ser:

  • Coñecementos
    prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que
    realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos.
    Estas prácticas constitúen o 33,34 % da nota final.
  • Coñecementos
    teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os
    coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes
    comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de
    resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 %. Terá que
    superar as dúas partes para ter superada esta parte.

Todas
as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo
aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.

A
cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos
teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha
das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible.

NOTAS Grupo B.

1. En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será de 3.

2.
A cualificación de No Presentado darase a aquel alumnado que non
participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.

3.
No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta
manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos,
mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes