Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 B1 B5 B11 C6 C7 GRUPO A.
Será unha proba escrita individual a desenvolver sobre un suposto teórico con todo o material que o alumno/a considere oportuno. Realizarase ao remate do ciclo formativo e versará sobre os coñecementos da asignatura.

GRUPO B.
Non se lle aplica esta metodoloxía
20
Análise de fontes documentais B1 B5 B11 C6 Traballo en grupos para elaborar informes de casos psicoevolutivos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas a alumnado de 6-12 anos. 15
Proba obxectiva A2 B22 B23 GRUPO A.
Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia, a través de preguntas de resposta breve e múltiple.

GRUPO B.
Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anulan unha ben. Esta metoloxía representa o 40% da avaliación para este grupo, o 5% restante súmase a metodoloxía Traballos tutelados.
25
Traballos tutelados A2 A7 A11 B1 B5 Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de primaria e elaborar informes/artigos en base aos datos obtidos. Estes traballos faranse en grupos non superiores a catro persoas. 25
Aprendizaxe colaborativa B1 B5 B11 Traballo realizado en pequenos grupos que consiste na realización de actividades a facer maioritariamente na aula para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 15
 
Observacións avaliación

GRUPO A:

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA AULA (> 85%):
O sumatorio das cualificacións obtidas na aprendizaxe colaborativa e de prácticas (máx. 4) e nas probas individuais de ensaio e obxectiva (máx. 6) constitúe a cualificación dos coñecementos teóricos.
O sumatorio das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e exposición e comunicación empática (máx. 10) constitúe a cualificación dos coñecementos prácticos.
A cualificación final será a media entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos (esta media só se realizará cando en cada unha das partes se obteña un mínimo de 5 sobre 10).

Opción B.

ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE < 85%


* Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao
estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster
universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de
Goberno de 28 de xuño de 2016), se lle recoñecera a condición de
estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente
dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as
sesións interactivas. para o que a sua avaliación consistirá en:

Elaboración dun traballo a través das TIC sobre un contido de clase onde desenvolver a comunicación pública así como empática a través do rigor científico sendo tutelada polo profesor da asignatura sendo avaliada ata un 40 % da mesma onde desenvolver os contidos de práctica e aplicados da psicoloxía do desenvolvemento

Probas de ensaio e obxectivas realizadas nas datas últimas de clase onde demostrar os seus coñecementos e traballo de aprendizaxe sobre os contidos desenvoltos nas fontes utilizadas para elo. Máximo 60 %.

A calificación global será a suma de ambas avaliacións para o que se porán os criterios en moddle da asignatura


GRUPO B:

Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.

Opción A.

ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%):

  • Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60 % da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
  • Coñecementos teóricos: Mediante a Probade resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.

A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.

Opción B.

ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)

Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado:

* Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas.

* Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores).


pasando a súa avaliación a ser:

  • Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,34 % da nota final. Para a 2ª oportunidade (xullo) todos os traballos terán que ser entregados 7 días naturais antes da data oficial de exames.
  • Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 %. Terá que superar as dúas partes para ter superada esta parte.

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.

A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible

NOTAS Grupo B.

1. En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será de 4.

2. A cualificación de No Presentado darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.

3. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes