Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Information and Communication Technologies in Education
   Methodologies
Methodologies Description
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TIC, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Realizaremos unha aprendizaxe colaborativa no desenvolvemento dos traballos tutelados.
ICT practicals Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das TIC. Aprenderemos a utiizar distintos recursos tecnolóxicos.
Supervised projects Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente. Realizaremos distintos traballos de aplicación práctica dos contidos da materia.

Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. A materia consta dun dossier que formará parte destas lecturas.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Os contidos do dossier da materia avaliaranse a través desta proba.
Introductory activities Presentación da materia e do proxecto que se levará a cabo.
Directed discussion Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Levaremos a cabo debates e reflexións sobre cuestións controvertidas relacionadas coa non neutralidade das TIC.
Simulation Utilizaremos a metodoloxía de simulación para situarnos nun contexto dun aula que traballa por proxectos. Tendo o rol de docentes e estudantes utilizaremos recursos dixitais para levar a cabo un proxecto relacionado coa educación para o desenvolvemento e cidadanía global.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes