Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Tecnoloxías da información e a comunicación en educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A30 A34 B7 B11 B12 B13 B14 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C3 Avaliación dos traballos levados a cabo nas clases interactivas. 60
Proba mixta B12 B21 B22 B23 B25 Avaliación dos contidos do dossier da materia. 40
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases realizarán os traballos tutelados en grupo e a proba mixta. En ambas partes deberá obterse un mínimo de 5 puntos para superar a materia.

Os estudantes que non asistan de manera xustificada ou non xustificada ao 80% das clases terán que realizar de forma individual os traballos tutelados, sendo estos o 30% da nota, e a proba mixta, sendo esta o 70% da nota. En ambas partes deberá obterse un mínimo de 5 puntos para superar a materia.

Este modelo de avaliación aplicarase nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo. De non superar a materia na 1º e 2º oportunidades, e só no caso do alumnado que asistira ao 80% das clases, a nota dos traballos tutelados poderá conservarse para as oportunidades do curso vindeiro.

Os estudantes que teñan recoñecida tanto a condición de estudante a tempo parcial como a dispensa académica especial terán as mesmas condicións de avaliación descritas.

IMPORTANTE

No GRUPO A ; a forma de avaliación será: 60% proposta educativa e traballos de aula; e 40% examen.

Ao menos ter aprobada cada proba có 50%.

No GRUPO B e para os estudantes que asistan ao 80% das clases as porcentaxes de avalizaicón incluirán o seguinte: 50% traballos tutelados; 40% proba mixta; 10% participación na aula. Para aprobar a materia a puntuación obtida nos traballos tutelados e na proba mixta ten que ser dun mínimo de 5 puntos.

AVISO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación unha vez comprobada, implicará directamente a perdida de dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará como suspenso ou non presentado nesa oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes