Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación, explicación e/ou aclaracións da Guía Docente da asignatura, e polo tanto, do programa e do plan de traballo: contido, metodoloxía de ensino-aprendizaxe, avaliación, etc... En definitiva, todas aquelas actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe coa finalidade de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Consiste na análise, procura e consulta dos documentos de traballo que recollen os contidos básicos da materia.Esta técnica metodolóxica supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos
Aprendizaxe colaborativa Trátase do conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Supón unha ferramenta de aprendizaxe complementaria ó traballo autónomo e individual do alumno/a.
Discusión dirixida Debates que permitan propiciar a acción participativa do alumnado -que lle xere unha certa “tensión intelectual”-, a través de interrupcións moderadas e organizadas pola profesora, para obter aclaracións nas que o alumnado tamén ten a “corresponsabilidade” de popoñer ou suxerir ideas respecto dos contidos teorico-prácticos que se estean a traballar. Trátase dunha técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Investigación (Proxecto de investigación) Elaboración dun traballo de investigación sociolóxica sobre algunha das temáticas propias desta asignatura. Supón un proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Lecturas Propóñense un conxunto de textos e documentación escrita relacionada coa materia que o alumnado deberá ler, analizar, reflexionar, recensionar e/ou engadir como fonte de profundización nos contidos a traballar.
Presentación oral Exposición diante da profesora e dos compañeiros/as, dos traballos de investigación individuais ou en grupo, realizados ó longo do cuadrimestre. Trátase dunha ferramenta do proceso de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Trátase do que se ven denominando Docencia Expositiva (DE). A dinámica baséase en clases maxistrais que transmitan os coñecementos básicos da asignatura. Polo tanto, falamos da exposición oral na aula dos temas que supoñen o contido teórico da materia. Pero ademáis, preténdese xerar uns mínimos para “poñer a funcionar a aula” e propiciar a acción participativa do alumnado -que lle xere unha certa “tensión intelectual”-, a través de interrupcións moderadas e organizadas pola profesora, para obter aclaracións nas que o alumnado tamén ten a “corresponsabilidade” de popoñer ou suxerir ideas respecto dos contidos teorico-prácticos que se estean a traballar. Trátase de motivar ó alumnado a través da reflexión e o diálogo aberto. Esta exposición oral vese complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”.
Traballos tutelados Supón o conxunto de prácticas levadas a cabo tanto nas horas presencias da denominada Docencia Interactiva (DI), exercida en grupos reducido (duns 20 alumnos/as), como o material resultado do traballo autónomo non presencial. A DI está concebida para que o alumnado desenvolva, necesaria e obligatoriamente, un traballo previo (lectura de material ad hoc), pero tamén é fundamental a participación activa e o traballo na aula (análise, reflexión, debate, discusión grupal e exposicións dos textos, material audiovisual, etc…). Esta metodoloxía está deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes