Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A64 C6 C7 Leituras de textos e libros relacionados coa temática da materia. 10
Discusión dirixida A23 C4 Debates na clase acerca dunha determinada temática vinculada coa asignatura. 5
Investigación (Proxecto de investigación) A68 A10 B16 Realización dunha investigación en grupo sobre temas relacionados coa Socioloxía da Educación. 15
Presentación oral A11 B23 B25 Presentacións dos traballos realizados ou de comentarios de textos asignados, ao igual que de debates nos que sexa necesario articular unha posición por parte do alumnado. 5
Proba mixta B19 Trátase dun exame dos contidos da parte expositiva da materia. É necesario lograr un 5 para superar esta sección da materia, e que poida facer media coa avaliación dos contidos prácticos. 50
Traballos tutelados A9 As sucesivas tarefas que os profesores no proceso de avaliación continua vaian consignando ao alumnado, e que conten coa dirección e apoio das docentes responsables. 15
 
Observacións avaliación

A materia consta dunha parte teórica e outra práctica.  

A parte teórica desenvolvida polo profesor en clase e/ou indicada no material bibliográfico que se facilita avaliarase a través dun exame que será puntuado sobre 10. Para aprobar esta parte é necesario obter, polo menos, unha puntuación de 5. 


A parte práctica constará de diversas actividades (traballos en grupo e individuais, exposicións orais na aula e outros traballos de carácter práctico). Para aprobar esta parte é necesario realizar todos e cada un dos traballos cumprindo coas condicións e datas de entrega indicadas polo profesor e obter unha nota media igual ou superior a 5 puntos. A calificación obtida nesta
parte (si é superior a 5), manterase para as dúas convocatorias de avaliación. Si a
calificación obtida é inferior a 5, teránse  que volver a entregar as
actividades na convocatoria de avaliación da segunda oportunidade.


A distribución da nota final da materia farase da seguinte maneira: 50% parte teórica, 40 % parte práctica e 10 % asistencia e participación en clase  (ou asistencia e participación en titorías para o alumnado con dispensa académica).

Para a obtención da cualificación final, será necesario ter aprobadas tanto a teoría como a práctica. Unha vez superadas ambas, obterase a nota media. Cada profesor/a poderá distrubuír os porcentaxes da parte práctica (40%) en cada un dos grupos (A e B) coas probas que considere oportunas, manténdose as mesmas porcentaxes globais. 


Será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 por cento das sesións (teóricas e prácticas) de cara a permitir un adecuado seguimento e a avaliación continua do alumnado.
Os/As alumnos/as que asistisen a menos do 80% das clases (os que optaron pola matrícula con parcial e dispensa académica de exención de asistencia) deberán acudir a unha tutoría co profesor e terán que presentarse a un exame específico debido ás súas circunstancias especiais. Neste caso, o sistema de avaliación consistirá nun exame sobre a materia, sen que se engadan outros traballos ou actividades prácticas á avaliación final.  Este sistema será válido para a convocatoria de avaliación do primeiro cuatrimestre e para a segunda oportunidade de avaliación
(xullo).


Dentro dos criterios de avaliación da modalidade de avaliación continua considérase especialmente importante:
a) Os traballos e prácticas realizados e presentados durante o curso: Valorarase os exercicios prácticos tanto na súa presentación como no seu contido (a comprensión do tema, a organización expositiva e a aplicación da perspectiva sociolóxica ao redor dos fenómenos sociais e textos propostos para análises)
b) Exame final da materia: Valorarase a comprensión e coñecemento dos contidos da materia traballados durante o curso. Tamén se terán moi en conta a correcta expresión e o acertado uso da ortografía.
c) A asistencia e participación nas clases e nas actividades prácticas propostas durante o curso: Valorarase positivamente o interese que o alumno mostre na marcha da materia, nas súas dúas perspectivas (teórica e práctica); o interese apreciado repercutirá na cualificación final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes