Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A23 B15 B22 B25 C7 De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
10
Discusión dirixida A2 A11 A13 A14 B16 B21 B23 B24 C4 C6 C8 Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión.
Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumno. O que, xunto coa asistencia correspondente, vería a supoñer aproximadamente un 20% da avaliación final.
10
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A6 A11 A13 A15 B16 B18 B22 B23 B24 B25 O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
É a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflectir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados.
40
Obradoiro A11 A13 B15 B23 B24 B25 C4 C6 C8 O obradoiro é para desenvolver un lugar de traballo no que o alumnado desempeñe o máis correctamente posible as súas funcións, entre as que están a asistencia, participación, aportacións válidas, resultado final, etc.
Así pois, neste apartado se van a ter en conta todos esos aspectos.
30
Presentación oral A2 A6 A11 A13 A14 B18 B19 B22 B23 B25 C4 C4 Outro dos aspectos importantes na formación do alumnado é o seu desenvolvemento á hora de facer e presentar informes de carácter técnico, de aí que no plantexamento da asignatura se asuma esta faceta como entrenamento e aprendizaxe de cara á formación completa e persoal do alumnado 10
 
Observacións avaliación
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia, a participación, o interese, as valoracións propias e dos compañeiros e a exposición sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia os outros pilares da asignatura.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para esta avaliación continua, será necesaria a asistencia mínima a un 80% das clases. Nos casos debidamente xustificados de ausencias ou prácticas, esta porcentaxe mínimo será do 60%.

Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes