Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A23 B15 B21 B22 B25 C7 Ao longo do curso, semana a semana, haberá que elaborar un traballo sobre o tema ou contido correspondente, o cal deberá ser entregago a través da plataforma Moodle.
As entregas periódicas terán carácter obrigatorio e, tanto os seus contidos como entregas serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento da materia.
30
Sesión maxistral A10 A24 B16 B19 Ademáis da asistencia activa (atenta, interesada) ás clases maxistrais, os contidos explicitados na exposición dos temas nas clases durante estas sesións serán avaliados e tidos en conta nos traballos tutelados cos que se planifica e avalía a materia. 20
Lecturas A9 A10 A14 A15 A24 B23 B24 C6 C7 C8 As lecturas deberán reflexarse nos traballos tutelados, tanto no que respecta á conformación de contidos como de referencias.
Asemesmo, tamén poderán ter reflexo nas discusión ou debates.
Ademáis, ao longo do curso aconsellaranse varias lecturas, dependendo a súa obrigatoriedade da disponibilidade de tempo que permita a planificación das demáis metodoloxías.
15
Análise de fontes documentais A13 B22 B25 C6 C7 C8 Esta é a parte ou compoñente principal para conformar axeitadamente os contidos dos traballos tutelados, polo que avalíase a procura, interese, intensidade e profundidade no análise das fontes de información e documentais. Polo que a súa avaliación é a fundamental dos traballos tutelados. 30
Portafolios do alumno A11 B24 C4 Terase en conta a puntualidade e cumprimento de prazos para os diferentes traballos, así como o seguimento das recomendacións, tanto para os contidos como das lecturas, etc. 5
 
Observacións avaliación

Esta materia está plantexada para ser cursada mediante o traballo por parte do alumnado na investigación e elaboración de contidos, análises, etc. Asemesmo, trátase dunha avaliación continua. Polo tanto, a súa planificación e desenvolvemento céntrase no segumento a través dos traballos que deben desenvolverse semana a semana, en base aos contidos da materia, e que deben entregarse seguindo as instruccións do profesor. Sendo por tanto o seguimiento, participación, realización e entrega dos traballos os pilares do curso. 

Entenderase por avaliación suficiente para superar a materia na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas. Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua. 

Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba ou examen (oral ou escrita), no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico. 

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua. Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes