Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua galega e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua galega e a súa didáctica Código 652G02005
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Profesorado
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Web
Descrición xeral Lingua galega e a súa didáctica é unha materia que pretende capacitar o alumnado para desenvolver o ensino-aprendizaxe da lingua galega mediante dúas vías principais: a primeira, a través da formación arredor das estratexias didácticas e dos recursos pedagóxicos apropiados para o contexto lingüístico deste idioma; e a segunda, a través do reforzo e da mellora da competencia lingüística do alumnado para que poidan constituirse en verdadeiros modelos lingüísticos para o seu futuro desempeño profesional
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través de Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican Non se modifican as metodoloxías; non obstante, cómpre sinalar o seguinte: -Sesión maxistral: constará de presentacións síncronas ou asíncronas dos contidos que, en calquera caso, serán gravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) e subidas a Moodle, co material necesario. - Proba de ensaio: De non poder realizarse presencialmente, realizarase de forma virtual en dúas partes: un suposto práctico asíncrono, que se entregará a través de Moodle, e un exame teórico escrito síncrono, que se realizará a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado En caso de situación de alarma, atenderase ao alumnado no horario de titorías, e noutros horarios, polos seguintes medios: - Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais para solventar dúbidas e facer seguimento dos traballos titorizados. - Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado, facendo uso do foro temático ou de actividades específicas para desenvolver “discusións dirixidas”, a través das que poñer en práctica ou debater contidos teóricos e lecturas da materia. - Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para desenvolver contidos teóricos ou traballos titorizados na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións (ou máis segundo demanda do alumnado) en pequeno grupo, para seguimento e apoio dos “traballos titorizados”. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións en canto ás metodoloxías empregadas, agás que se realizarán de forma virtual a través de foros, tarefas en Moodle, cuestionarios, sesións de Teams, e se presentarán tamén de forma virtual. *Observacións de avaliación: No caso de houber algún problema en canto á conectividade no momento de realizar a proba de ensaio, procuraranse outras solucións. A supervisión das cualificacións co alumnado realizarase a través de TEAMS na data que se concretará unha vez postas as cualificacións provisionais. 1.SITUACIÓNS: O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212), axustarase ao seguinte: a) Elaboración e presentación de traballo titorizado (20%) b) Proba de ensaio (80%) 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes