Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua galega e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 Realización de traballos titorizados guiados que se negociarán co grupo-clase e que constarán dunha parte escrita e dunha presentación oral 30
Proba de ensaio A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas 40
Lecturas A45 A48 A50 A52 B15 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua, mediante un traballo escrito. 30
 
Observacións avaliación

- Na cualificación final da materia tamén influirán variantes como a asistencia e a participación nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas e das actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. 

- Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes. 
- A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas será feita na súa totalidade con base na proba de ensaio,que ademais poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade en que esta é só unha parte. 
- No exame de xullo só se repetirá a parte suspensa e manterase a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro. 
- O alumnado deberá ser capaz de expresarse con corrección e fluidez en todas as probas de avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes