Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Historia da educación
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións maxistrais, a análise de fontes documentais, os traballos tutelados, as presentacións orais e a proba escrita terán unha atención personalizada e serán atendidas polo profesorado da materia na aula ou na titoría, durante o horario fixado de forma oficial, da seguinte forma:
- No caso de indicacións xerais a todo o grupo, realizaranse nas clases expositivas.
- Indicacións de traballo a grupos pequenos, realizaranse nas clases interactivas ou no despacho. No caso do traballo de investigación é obrigatorio que cada grupo realice unha tutoría fora do horario presencial da materia, que permita facer un seguimento do proceso de elaboración do mesmo.
- Individuais, realizaranse no despacho arredor do progreso do alumnado.

Tanto para o alumnado repetidor como para aquel que ten recoñecemento do Decanato da Facultade de dispensa académica, o desenrolo da materia levarase a cabo mediante titorías presenciais obrigatorias e individualizadas de cara a facer un seguimento do seu traballo en relación a análise de fontes documentais, os traballos tutelados, recensións e a proba oral ou escrita. Tamén serán obxeto de atención personalizada presencial todo tipo de cuestións aclaratorias sobre a materia, dúbidas personais, ampliación de contidos ou reflexións máis pormenorizadas.

GRUPO B (Narciso de Gabriel)
As estratexias de atención personalizada serán especificados no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso.

GRUPO C (Sabela Rivas Barrós; Xosé M. Malheiro Gutiérrez)

O proceso para a elaboración do traballo de investigación que cada alumno ou alumna debe realizar, así como os diferentes traballos colaborativos en pequeno grupo terán unha atención permanente e no seu caso persoalizada coa finalidade de manter o apoio e o seguimento regular e individualizado necesarios nas diferentes propostas de aprendizaxe.

Aínda que non é obrigatoria a asistencia ás titorías, o profesorado estará disponible no seu horario de atención ao alumnado de xeito regular, semanalmente, para resolver as dificultades que o seu traballo plantee. É preferible solicitar previamente a títoría. Nota importante: os profesores non avaliarán aqueles traballos que non foran previamente tutelados e dos que non se teña constancia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes