Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A8 A9 A10 B1 B3 B16 B17 B21 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Traballos tutelados A8 A9 B1 B3 B8 B10 B12 B15 B16 B23 B24 B25 C1 C6 C7 C8 Para avaliar esta metodoloxía teranse en conta os seguintes aspectos:
ELABORACIÓN:
- Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais.

EXPOSICIÓN:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...

20
Recensión bilbiográfica B1 B3 B9 B15 B16 C1 Proceso de lectura crítica dun libro elexido polo alumnado entre os ofertados pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. 10
Presentación oral B1 B3 B8 B9 B11 B12 B15 B16 B17 B22 B23 B24 C1 C6 Exposición de traballos realizados, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática invesigada, documento ou experiencia abordada 10
Proba de ensaio A8 A9 A10 B1 B3 B8 B9 B15 B16 B23 C1 A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia.
50
 
Observacións avaliación

GRUPO A

Mª Dolores Cotelo Guerra

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A:
Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula
(asistencia mínima 85%), correspóndelle a porcentaxe de avaliación seguinte: 10%  Análise de Fontes Documentais;
30% Traballos tutelados; 10%
Recensión; 50% Proba de ensaio. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criteriso que a convocatoria de maio.

Opción B: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e por tanto con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (Aprobada en Consello de Goberno o 29/5/212),
establécese
que ademáis do traballo que en cada caso particular se especifique,
realizará unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do
cuadrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do
50% do total da nota final. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criteriso que a convocatoria de maio.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:

-
A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será considerada de
forma positiva no proceso de avaliación. Como xa se dixo, a
presencialidade ven determinada por unha asistencia mínima do 85%.

- Para superar a materia é imprescindible presentar todas as actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio. De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba escrita e por tanto, a materia quedará pendente para xullo.

- A cualificación final sera a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu peso respectivo. Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

- No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, na oportunidade de xullo só se repetirá a proba escrita.

- É obrigatorio pasar pola titoría mentres
se estea no proceso de elaboración do traballo tutelado. Este
entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao
examen é condición indispensable ter presentado o traballo.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
que houbera lugar en cada caso.

-Ao longo do 2º cuadrimestre pode haber actividades de carácter científico e/ou divulgativo relacionadas coa materia que a docente considera oportuna a súa asistencia ainda que estén programadas fora do horario da materia, pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o alumnado será avisado con antelación para que poida asistir. Estas actividades computarán na evaluación.

- O alumnado repetidor da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto ca profesora antes de que remate o mes de febreiro do presente curso académico para que lle indique, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha proba oral ou escrita, segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos  o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumnado .


Grupo B

Narciso
de Gabriel Fernández



A
planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos
que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no
programa que se entregará a comezos de curso.



A
avaliación final será o resultado da nota obtida no exame (70%) e da
implicación e participación nas clases e nos traballos en equipo (30%). En todo
caso, para aprobar a materia será imprescindible superar o exame final. Ou o
que é o mesmo: só a partir dun cinco no exame final se sumará a esta
cualificación a que corresponda en función dos outros conceptos. O alumnado que
por motivos xustificados non poida asistir normalmente a clase deberá
comunicalo ao profesor antes do 15 de febreiro.



O
alumnado que cursou e suspendeu a materia en 2013/14 poderá conservar para  2014/2015 as cualificacións obtidas
polos traballos de equipo e a participación nas clases (ou pola entrevista
realizada e os resumes entregados, no caso dos non asistentes). Deberá facer
unicamente o exame. O temario obxecto de exame será o correspondente ao curso
2014/15. Os repetidores que escollan esta opción deberán comunicalo ao profesor
antes do 15 de febreiro. De non facelo así, terán a mesma consideración que os
matriculados por vez primeira na materia.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes