Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A8 A9 A10 B1 B3 B16 B17 B21 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Traballos tutelados A9 A8 B1 B3 B8 B10 B12 B15 B16 B23 B24 B25 C1 C6 C7 C8 Para avaliar esta metodoloxía teranse en conta os seguintes aspectos:
ELABORACIÓN:
- Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais.

EXPOSICIÓN:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...

Entregarase e expoñerase na data que se indique.
É condición indispensable facer o anterior para presentarse a proba de ensaio.

20
Recensión bilbiográfica B1 B3 B9 B15 B16 C1 Proceso de lectura crítica dun libro elexido polo alumnado entre os ofertados pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. 10
Presentación oral B24 B23 B22 B17 B16 B15 B12 B11 B9 B8 B3 B1 C6 C1 Exposición de traballos realizados, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática invesigada, documento ou experiencia abordada 10
Proba de ensaio A8 A9 A10 B1 B3 B8 B9 B15 B16 B23 C1 A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. Valoraránse as respostas concretas e precisas, asi como a utilización de fontes (apoio na documentación achegada así como noutras lecturas realizadas) que favorezan un discurso coherente e razoado.
A súa realización terá lugar segundo calendario oficial.
50
 
Observacións avaliación

GRUPO A

Mª Dolores Cotelo Guerra

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A:
Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula
(asistencia mínima 85%), correspóndelle a porcentaxe de avaliación seguinte: 10%  Análise de Fontes Documentais;
30% Traballos tutelados; 10%
Recensión; 50% Proba de ensaio. A cualificación final sera a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu peso respectivo.

No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, a convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio e só se repetirá a proba escrita, gardándose as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

Opción B: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e con recoñecemento por parte do Decanato da Facultade de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 3.b e 4.5) (Aprobada en Consello de Goberno o 29/5/212),

realizará unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do
cuadrimestre na data sinalada oficialmente
(50% do total da nota final) ademáis do traballo que en cada caso particular se especifique (50% restante). A cualificación final sera a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu peso respectivo.

No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, a
convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a
convocatoria de maio e só se repetirá a proba escrita, gardándose as
partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do
mesmo curso académico.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:

- Para superar a materia é imprescindible presentar todas as actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio. De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba escrita e por tanto, a materia quedará pendente para xullo, figurando na Acta como Non Presentado/a.

- O alumnado da opción A que non forme parte de ningún grupo de traballo ou non asista regularmente as clases pasará a ser considerado na opción B.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
que houbera lugar en cada caso.

- Ao longo do 2º cuadrimestre pode haber actividades de carácter científico e/ou divulgativo relacionadas coa materia que a docente considera oportuna a súa asistencia ainda que estén programadas fora do horario da materia, pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o alumnado será avisado con antelación para que poida asistir. Estas actividades computarán na evaluación.

- O alumnado repetidor da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto ca profesora antes do 15 de febreiro do presente curso académico para que lle indique, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. De non facelo, terán a mesma consideración que os matriculados na Opción A. En calquera caso  e unha vez comunicada á profesora a súa situación, establecerase unha proba oral ou escrita, segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos  o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumnado.


Grupo B

Narciso
de Gabriel Fernández

A planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no programa que se entregará a comezos do curso.

A avaliación final será o resultado da nota obtida no exame (70%) e da implicación e participación nas clases e nos traballos en equipo (30%). En todo caso, para aprobar a materia será imprescindible superar o exame final. Ou o que é o mesmo: só a partir dun cinco no exame final se sumará a esta cualificación a que corresponda en función dos outros conceptos.

O alumnado que por motivos xustificados non poida asistir normalmente a clase deberá comunicalo ao profesor antes do 15 de febreiro.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes