Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Historia da educación
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

- É obrigatoria a entrega cumprimentada dunha foto antes de rematar o mes de febreiro do curso actual, indicando por detrás nome, grupo,  mail e telefono.

- Non se admitirán traballos dos que o profesor ou profesora non teña constancia da sua realización.

- Deben presentarse  ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora), e sempre que conteñan referencias bibliográficas, é imprescindible seguir as normas da APA (6ª ed.).

- As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. É aconsellable gardar copia do orixinal que se entregue.

-Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A.

-Tendo en conta as recomendacións do Comité Ambiental da Facultade (GREEN CAMPUS):

  1. Os traballos escritos presentaranse impresos a dobre cara, en papel reciclado e grapados.
  2. Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou diseños similares.
  3. Débese facer un uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  4. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- A proba de ensaio realizarase seguindo o calendario oficial.

- O horario de titorías está exposto na web da Facultade e n aporta do despacho P0B7.

GRUPO B (Narciso de Gabriel)

As posibles recomendacións para o estudo da materia recolleranse no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso.

GRUPO C. (Sabela Rivas Barrós; Xosé M. Malheiro Gutiérrez)

- Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da súa elaboración.

- As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente para a súa realización, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais coa debida xustificación, estas son inamovibles.

- Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos asixidos. De faltar algunha das partes, ol alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe.

- Os traballos escritos presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor) e, de ser posible, impresos a dúas caras. Non é necesario entregalos encadernados, con fundas de plástico, aneis ou deseños similares. É aconsellable gardar unha copia dixital do orixinal que se entregue.

- O calendario de titorías está exposto no lugar oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do despacho. (Sabela Rivas Barrós: Despacho P0B20, telef. 981167000 ext. 1724; Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez: Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes