Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 A6 A7 A11 A avaliación teórica consistirá nunha proba mixta na que pode haber preguntas de ensaio, pregunta curso ou tipo opción múltiple. 30
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A6 A7 A11 B25 B24 B23 B22 B21 B11 B5 B2 B1 C4 C6 C7 Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación.
Así como, trátase de coñecer e estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar mediante a elaboraración de informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos ou propostas educativas que estimulen a desenvolvemento de tales variables. Este traballos faranse en grupo.
70
 
Observacións avaliación

Teranse en conta dúas opcións.

Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%):

Coñecementos prácticos:

Nas clases interactivas levarase a cabo o Portafolio do alumnado en pequeno grupo e individualmente constituíndo o 70% da nota final. O alumnado terá que asistir as clases interactivas para poder facer estas prácticas e entregalas dentro dos prazos establecidos. A asistencia ás prácticas é obrigatoria. 

Coñecementos teóricos: Mediante a Proba mixta avaliaranse os coñecementos teóricos que constitúen o 30% da nota final. 

Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado o correspondente porcentaxe para o computo na nota final. A cualificación final será a suma entre a cualificación dos coñecementos teóricos e prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.

Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)

Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado: "Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña"(aprobada en Consello de Goberno de 4 de maio de 2017), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a acorrespondente dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas." 

Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores)

Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes