Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 A6 A7 A11 A avaliación teórica consistirá nunha proba mixta na que pode haber preguntas de ensaio, pregunta curso ou tipo opción múltiple. 40
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A6 A7 A11 B1 B2 B5 B11 B21 B22 B23 B24 B25 C4 C6 C7 Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación.
Así como, trátase de coñecer e estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar mediante a elaboraración de informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos ou propostas educativas que estimulen a desenvolvemento de tales variables. Este traballos faranse en grupo.
60
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%:

a) Elaboración e presentación do portafolio/dosier de prácticas (50%).

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%).

OPCIÓN B

Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 85% e alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, recoñecida por parte da Facultade de Ciencias da Educación da UDC:

Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

Para o alumnado asistente (opción A):

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dosier e proba mixta).

2. O dosier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dosier).

Para todo o alumnado (opcións A e B):

1. A convocatoria de xullo (2ª oportunidade) estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio/xuño (1ª oportunidade). 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

3. Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: “A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes