Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos distintos temas por parte dos profesores, buscando presentar a información e motivar o estudo e o traballo.
Prácticas de laboratorio Traballo na aula, en grupos reducidos, sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.
Proba mixta Proba escrita (exame) onde se combinan preguntas abertas e pechadas.
En principio refírese ao exame final da materia, aínda que pode haber outras probas menores ao longo do curso.
Lecturas Material escrito que se propón aos estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.
Presentación oral Exposición na aula do Proxecto de investigación realizado por cada un dos grupos.
Proba de resposta múltiple Test optativos para cada un dos contidos, que se farán ao finalizar o traballo en clase de cada un dos temas do curso.
As datas para a súa realización comunicaranse ao comezo do curso e realizarase a través da plataforma virtual.
Os test non se poderán repetir.
Recensión bilbiográfica Análise dos contidos matemáticos e proposta de actividades, sobre un libro de lectura apropiado para estudantes de Educación Primaria.
Traballos tutelados Propoñerase un traballo relacionado con algún ou algúns dos temas ou contidos da materia.
Foro virtual Participación nunha rede social da materia, onde cada estudante proporá temas e comentará os propostos por outros estudantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes