Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos distintos temas por parte dos profesores, buscando presentar a información e motivar o estudo e o traballo. Ao ser a docencia en modalidade híbrida, realizaranse de forma virtual.
Prácticas de laboratorio Traballo na aula sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.
Proba mixta Probas on-line individuais ao longo do cuadrimestre para realizar unha avaliación continua da materia. Nestas probas avaliaranse os contidos impartidos na sesións maxistrais, nas prácticas de laboratorio e nas lecturas dos apuntamentos da materia subidos ao Moodle.
Lecturas Material escrito que se propón aos estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.
Actividades iniciais Diálogo entre o/a docente e o estudantado para coñecer os intereses e motivacións do estudantado.
Discusión dirixida Diálogo na aula entre estudantes e co profesorado, dirixido por este último, sobre aspectos concretos dos diferentes temas
Traballos tutelados Proporase un traballo relacionado con algún contido da materia. Presentarase un informe escrito, e realizarase un vídeo sobree a totalidade do traballo. Eses vídeos serán proxectados na aula nas últimas semanas do curso para un debate aberto. Realizarase polo menos unha tutoría de seguimento na que o grupo de debe expor oralmente os progresos ata o momento e as liñas de continuidade, ademais dun guión escrito. Serán traballos a realizar en grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes