Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos distintos temas por parte do profesorado, buscando presentar a información e motivar o estudo e o traballo.
Prácticas de laboratorio Traballo na aula sobre aspectos concretos dos diferentes temas, resolvendo cuestións que ilustren ou apliquen os contidos da materia, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de resolución de problemas, de completar e/ou de asociación. Nestas probas avaliaranse os contidos impartidos na sesións maxistrais, nas prácticas de laboratorio e nas lecturas dos apuntamentos da materia subidos ao Moodle.
Lecturas Material escrito que se propón aos estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.
Actividades iniciais Diálogo entre o/a docente e o estudantado para coñecer os intereses e motivacións do estudantado.
Discusión dirixida Diálogo na aula entre estudantes e co profesorado, dirixido por este último, sobre aspectos concretos dos diferentes temas
Traballos tutelados Proporase un traballo, a realizar en grupo, relacionado con algún contido da materia. Presentarase un informe escrito e realizarase unha presentación na aula, combinando o uso de recursos TIC con exposición oral.
Realizarase polo menos unha tutoría de seguimento na que o grupo debe expor oralmente os progresos ata ese momento e as liñas de continuidade, ademais dun guión escrito.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes