Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Traballo en equipo sobre un tema de interese, en que se destacará o papel das matemáticas.
Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas.
15
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,... 10
Proba mixta B2 B3 B4 B8 B9 C1 Valorarase a exposición e argumentación realizada en cada unha das probas. 40
Presentación oral B3 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C3 Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 5
Foro virtual A41 B3 B4 B5 B8 B9 B12 B15 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C6 C7 Cada estudante proporá un foro de debate, ao redor dunha noticia ou evento e participará en foros propostos por outros estudantes. 3
Proba de resposta múltiple A39 A42 B2 B4 Ao finalizar cada tema establecerase un espazo curto de tempo (unhas 2 horas) nas que cada estudante se conectará á plataforma virtual para realizar o test. Unha vez iniciado o test disporá de 2 minutos para realizalo, sen posibilidade de repetilo.
O calendario de realización deste test estará dispoñible ao comezo do curso.
O test de cada un dos temas constará de 5 preguntas cada unha con tres opcións de resposta. Cada resposta correcta valerá dous puntos e cada resposta incorrecta restará un punto.
20
Recensión bilbiográfica A39 A42 B1 B3 B4 B9 B15 B18 C1 C4 Cada estudante debe elixir un libro de lectura apropiado para un estudante de Educación Primaria e analizar o seu contido matemático e tamén propor actividades dobre este libro, para realizar na aula. 7
 
Observacións avaliación



As faltas de
ortografía nos traballos e materiais presentados reducirá a puntuación final.


A asistencia considérase obrigatoria.


Se no exame final non se alcanza unha nota de 4,0, non se fará media cos
traballos e a nota final da materia será a ponderada entre o exame (80%) e a
media dos test (Proba de resposta múltiple, 20%).


Os test de cada un dos temas teñen a consideración de exame final obrigatorio
da materia, polo que os estudantes que non asistan a clase deben realizar tanto
o exame final como os test de cada tema, tanto nos exames de maio/xuño coma de
xullo.


Na oportunidade de xullo pódese realizar unha destas dúas probas (exame
presencial e test) ou ambas as dúas, por vontade do estudante. A nota do exame
e dos test fará media coa dos traballos do mesmo modo que no exame de maio.


O estudante que non asista ao 80% das clases, non será avaliado mediante o
sistema anterior. Será avaliado mediante un exame final (80%) e a realización
dos test de cada tema (20% a media dos 7 test), constituíndo esa nota conxunta
a cualificación final desta materia.


Se o estudante non asiste o 80% das sesións e realiza os traballos programados
(Investigación, Presentación oral, Foro virtual e Recensión bibliográfica),
estes supoñerán o 15% da cualificación final, a media dos test outro 15% e o
exame o 70 (sempre que no exame se alcanze un  4).



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes