Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,... 20
Proba mixta B2 B3 B4 B8 B9 C1 Valorarase a exposición e argumentación realizada en cada unha das probas. 45
Presentación oral B3 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C3 Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 10
Recensión bilbiográfica A39 A42 B1 B3 B4 B9 B15 B18 C1 C4 Cada estudante debe elixir un libro de lectura apropiado para un estudante de Educación Primaria e analizar o seu contido matemático e tamén propor actividades dobre este libro, para realizar na aula. 5
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Valorarase o grado de consecución cumprindo as directrices docentes.

Este traballo pode optar a desenvolver un proxecto de Aprendizaxe e Servizo en función da dispoñibilidade das entidades conveniadas.

20
 
Observacións avaliación
Non se admite a dispensa académica de exención de docencia.



As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Se no exame final (Proba mixta) non se acada unha nota mínima de 4,5 sobre 10, non se fará media cos traballos e a nota final da materia será a do exame.

Os test de cada un dos temas son optativos. Se o estudante os realiza no horario estipulado e fixado dende inicio do curso, e a media dos 7 test é igual ou superior a 5, incrementará ata 1 punto a nota final do estudante, sempre que a
cualificación de cada unha das demais metodoloxías sexa igual ou superior a 5,0 (sobre 10).

Na oportunidade de xullo a avaliación farase do mesmo modo que no exame de maio.

O estudante que non asista presencialmente ao 80% das sesións de aula, non
será avaliado mediante o sistema anterior. Será avaliado mediante un exame
final (100%).



Se o estudante non asiste ao 80% das sesións de aula e
realiza os traballos programados (traballo tutelado en grupo, a exposición oral e a recensión bibliográfica), estos suporán o
20% da cualificación final e o exame o 80% sempre e cando alcance un mínimo de
4,5 puntos sobre 10. Se no exame non se acada un 4,5 para a avaliación non se
terán en conta os traballos, soamente contará a cualificación do exame

Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique.

Nos traballos de avaliación que se entreguen os contidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando certas normas. O texto literal debe declararse usando ditas normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.

Recoméndase consultar:https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
Tense que evitar o plaxio.

As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes