Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A40 B2 B3 B4 B8 B9 B22 C1 Realizaranse probas on-line ao longo do cuadrimestre. Valolarase o grao de corrección axustándose ao requerido en cada pregunta, así como a claridade na exposición. Engloban contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais. 60
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B21 B22 B23 B24 C1 C3 C4 C6 C8 Valorarase o grado de consecución cumprindo as directrices docentes.
Realizaranse en grupo.
40
 
Observacións avaliación
Non se admite a dispensa académica de exención de docencia.



As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Os contidos traballados nas prácticas de laboratorio avaliaranse mediante as probas mixtas individuais de avaliación continua realizadas ao longo do cuadrimestre e o traballo tutelado.

A cualificación final da materia será a suma ponderada global de todas as probas individuais online de avaliación continua e o traballo tutelado.
 
Se a media global é inferior a 5, a materia estará suspensa na convocatoira de 1ª oportunidade e poderá optarse á convocatoria da 2ª oportunidade. Na 2ª oportunidade, cada estudante recuperará aquelas probas que suspendera na 1ª oportunidade. As probas individuias recuperaranse mediante probas do mesmo tipo ca na 1ª convocatoria. O traballo tutelado recuperarase mediante un traballo, neste caso individual, que recolla varios contidos tanto matemáticos como didácticos, fixados en cada caso polo profesorado de entre todos os da materia, e seguindo as directrices docentes.

Os estudantes que non realicen algunha das act¡vidades relacionadas coa avaliación continua ao longo do cuadrimestre non serán avaliados mediante o sistema anterior, senón mediante un exame final escrito presencial. En caso de suspender ese exame, na 2ª convocatoria serán avaliados mediante outro exame final escrito presencial.

Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto  que o identifique.

Nos traballos de avaliación que se entreguen os contidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando certas normas. O texto literal debe declararse usando ditas normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.

Recoméndase consultar:https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
Tense que evitar o plaxio.

As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes