Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A33 A34 A35 A38 A39 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Resolución das distintas actividades grupais, cuestións e problemas propostos nas prácticas de laboratorio, entregadas en tempo e forma. Terase en conta a capacidade de análise, o rigor na argumentación, a precisión, e a claridade de exposición. 20
Proba mixta A33 A34 A35 A39 A42 B2 B3 B4 B8 B9 C1 Proba escrita presencial. Valolarase as respostas concretas e precisas, o grao de corrección segundo o requerido en cada pregunta, e a claridade na exposición.
Engloba contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais.
40
Traballos tutelados A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C8 Valorarase o grado de consecución dos obxectivos cumprindo as directrices docentes, o rigor, a argumentación, a profundidade da análise das situacións propostas, e a claridade da exposición.
Realizaranse en grupo e expoñerase na aula nas últimas semanas do curso.
40
 
Observacións avaliación

Opción A. Alumnado que asiste e participa no 80% das sesións interactivas:

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

Prácticas de laboratorio: 20%

 
Proba mixta: 40%

Traballo tutelado: 40%

En función das demandas e a capacidade de entidades externas á UDC para acollerestudantes, algúns grupos de estudantes poderán,se así o prefiren, substituír a realización do traballo tutelado por un proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS). Este ApS incidirá nos cotidos da materia e realizarase en grupo, de igual modo co traballo tutelado. Presentaraseun informe escrito e realizarase unha presentación na aula, combinando o uso derecursos TIC con exposición oral.
Realizarase polo menos unha tutoría de seguimento na que ogrupo debe expor oralmente os progresos ata ese momento e as liñas decontinuidade, ademais dun guión escrito. 
A ponderación na planificación desta materia e na súa avaliación  será a mesma ca do traballo tutelado (40%).
Non se garante que todos os estudantes que o desexen poidan escoller facero traballo de ApS, porque a oferta de prazas está condicionada pola capacidade deacollida e as necesidades das entidades externas á UDC.

Cada actividade e cada apartado será cualificado nunha escala de 0 a 10.

As prácticas de laboratorio avaliadas ás que non se asista serán cualificadas con 0 no cómputo da media deste apartado.
 
Para superar a materia cómpre acadar un mínimo de 5 sobre 10 en cada un dos tres apartados anteriores. Nese caso, a cualificación total final será a media ponderada destes tres apartados segundo as porcentaxes antes indicadas.

En caso de non superar algún dos apartados, a cualificación final será a de suspenso, correspondente ao apartado non superado.
 
Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, e coa nota correspondente ao apartado non superado en caso contrario.

Opción B. Alumnado que non asiste ou non participa no 80% das sesións interactivas:
 
Neste caso a avaliación non será como no caso anterior, senón que a proba mixta constituirá o 100% da cualificación final.

Non obstante, este alumnado pode optar, se o prefire, por se integrar nalgún grupo de traballo, formado indiferentemente por alumnado asistente ou non asistente, e realizar o traballo tutelado (ou o ApS se o desexa e é posíbel). Neste caso, a cualificación do traballo tutelado (ou ApS) constituiría o 20% da nota final e a proba mixta final o 80%, sempre e cando ambas partes teñan unha cualificación non inferior a 5 sobre 10. 
En caso contrario, a nota final será a correspondente á parte suspensa.

Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, e coa nota correspondente ao apartado non superado en caso contrario.

Con carácter xeral para todo o alumnado:
Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique.

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Nos traballos de avaliación que se entreguen os contidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando certas normas. O texto literal debe declararse usando ditas normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar:https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio. Aplicarase a modificación do artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, aprobada en Consello de Goberno, segundo o cal as citas e as referencias a calquera texto debe declararse, e o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte, implica:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes