Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua castelá e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua castelá e a súa didáctica Código 652G02010
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
sandra.pgonzalez@udc.es
Profesorado
Peñasco González, Sandra
Correo electrónico
sandra.pgonzalez@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral Segundo o disposto na páxina 66 da «Memoria xeral do título de Graduado/a en Educación Primaria» (http://sgic.udc.es/open_file.php?id=2415), estes son os contidos que cómpre tratar na materia «Lingua Castelá e a súa Didáctica»: - Coñecemento do currículo de lingua e literatura castelá na Educación Primaria - A lingüística aplicada aos procesos de comunicación na Educación Primaria - Análise do comportamento fónico e léxico da lingua castelá - Análise do comportamento morfosintáctico e pragmático da lingua castelá - Desenvolvemento da competencia na expresión oral, na lectura e na escritura en lingua castelá - Coñecemento e dominio de técnicas de expresión oral e escrita - Fomento da lectura crítica de todo tipo de textos en lingua castelá - Coñecemento do proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e do seu ensino, e impulso da escritura Todas estas nocións recóllense, inda que baixo envolturas verbais diferentes, nas seis unidades que constitúen o temario da materia (véxase, para comprobalo, o apartado n.º 3 da presente «Guía»).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificacións substanciais. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Análise de fontes documentais - Sesión maxistral - Proba obxectiva - Traballos tutelados A través das plataformas Moodle e Microsoft Teams, profesorado e alumnado teñen a posibilidade de transferir ao medio virtual as devanditas «metodoloxías». Se as circunstancias aconsellan ou impoñen o traslado, faranse os axustes necesarios para a adaptación ao novo ámbito. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Como en circunstancias normais, o/a docente consultará asiduamente a caixa de correo electrónico e procurará responder con tanta axilidade como as circunstancias permitan. - Durante as horas de titoría, o/a docente estará conectado/a á plataforma Teams, de tal maneira que os/as alumnos/as poidan facerlle todas as consultas que estimen necesarias (sexa por escrito, sexa mediante videochamada). 4. Modificacións na avaliación Como xa se apuntou no apartado n.º 2, Moodle e Microsoft Teams ofrecen a posibilidade de levar a cabo nun medio virtual —con pequenos axustes— todas as actividades que de ordinario se desenvolven presencialmente. Non semella necesario, por tanto, introducir cambios substanciais no mecanismo de avaliación. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía De se tornar imposible o uso da biblioteca e do servizo de reprografía da Facultade, procurarase que o alumnado consulte algunhas referencias bibliográficas fundamentais, aloxadas nos andeis «en liña» da BUDC ou noutros arquivos e repositorios dixitais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes