Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua castelá e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os alumnos e alumnas utilizarán documentos bibliográficos proporcionados polos docentes para ampliar os seus coñecementos sobre a materia.
Sesión maxistral As exposicións orais do profesorado servirán como guía da materia.
Traballos tutelados Os traballos tutelados serán dous: un, de autoría individual; o outro, de autoría colectiva. Se as circunstancias o permiten, ofrecerase a posibilidade de que o traballo grupal revista a forma de proxecto de aprendizaxe-servizo; este proxecto consistiría, en liñas xerais, no deseño e aplicación dunha proposta de educación na Natureza que se orientase, sobre todo, ao desenvolvemento da competencia en comunicativa do alumnado de Primaria.
Proba obxectiva Con esta proba preténdese determinar, de xeito obxectivo, tanto os coñecementos adquiridos polo alumno ou alumna durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes