Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua castelá e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A52 B7 B10 Proxecto de traballo colaborativo no que se presta servizo a un centro escolar concreto. Consistente no deseño dunha proposta de educación fora da aula ou na natureza orientada ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado.
30
Proba obxectiva B22 B24 B25 Con esta proba, ademais de examinar os coñecementos adquiridos polo alumno/a durante o curso grazas ás sesións maxistrais, e ás actividades desenvolvidas nas sesións interactivas, e a análise de fontes documentais, avaliarase a súa competencia en expresión escrita en lingua castelá. 40
Traballos tutelados A51 B8 B9 C2 C3 Traballo individual consistente no deseño dunha proposta lúdica para a didáctica da lingua ou da literatura. 20
Portafolios do alumno C1 C8 Arquivo que se pode presentar para comprobar a rigurosidade no seguimento do alumno ou da alumna das sesións interactivas. Presentarase oredenado, dando conta do desenvolvemento das mesmas ou do produto final de cada unha delas. 10
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as con matrícula a tempo parcial poderán solicitar a dispensa académica para esta materia. Logo de a obteren, deberán poñerse en contacto co/coa docente, que arbitrará procedementos de avaliación adicionais á proba obxectiva (á cal teñen, coma o alumnado ordinario, o dereito e o deber de presentarse).


A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes