Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Organisation and Evaluation of Education Institutions
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Esta metodoloxía empregarase para presentar o plano de traballo da asignatura, introducir e/ou expoñer os contidos básicos de cada un dos temas da guía docente, formular cuestións para afondar neles e proporcionarlle ao estudantado orientacións para a elaboración das actividades, probas e traballos solicitados.
Directed discussion Mediante esta medotoloxía búscase analizar e poñer en común parte dos contidos traballados na asignatura, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa. Estes debates realizaranse a partir do contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase.
Supervised projects Esta metodoloxía está orientada á realización, en pequeno grupo, dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas. Este traballo iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado. Os resultados acadados iranse presentando ao longo do cuadrimestre. Implicará a análise e relación de contidos da documentación traballada.
Mixed objective/subjective test A proba pode conter diferentes tipos de preguntas que requiren poñer en relación os contidos traballados coas distintas metodoloxías empregadas durante o cuadrimestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes