Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Organización e avaliación de institucións educativas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 A9 A17 A19 B2 B3 B6 B7 B11 B12 B16 B21 B22 B23 B24 B25 C4 C6 C7 C8 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados na materia ao longo do cuadrimestre.
Nela especificarase o peso de cada pregunta.
Nas preguntas de resposta breve terase en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual e a corrección gramatical.
Nas preguntas de desenvolvemento terase en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva e a corrección gramatical.
Esta proba realizarase nas datas oficiais destinadas ao exame da materia.
60
Proba práctica A7 A9 A12 B2 B3 B5 B6 B11 B12 B16 B21 B22 B23 B24 B25 C4 C6 C8 Esta proba consistirá na resolución de cuestións e problemas, na elaboración de propostas, etc. que requirirán seleccionar, contrastar e integrar ideas e contidos das diferentes fontes traballadas e reflictirán a aprendizaxe lograda a través das sesións maxistrais, da discusión dirixida e do traballo titelado. Na clase especificaranse as condicións para a súa realización. Levarase a cabo no horario de clase. 40
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia: 

- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (asistencia mínima do 80%).

- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (proba práctica e proba mixta).

Para presentarse ao exame oficial é condición indispensable ter superada a proba práctica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes