Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Orientación, titoría e calidade
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Orientación, titoría e calidade Código 652G02012
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Correo electrónico
m.rodicio@udc.es
Profesorado
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Correo electrónico
m.rodicio@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia recóllense os conceptos básicos da orientación e titoría no contexto da Educación Primaria. O docente dese nivel eduativo é titor dun grupo de alumnos/as e debe coñecer esa función e saber cómo concretala no día a día da súa aula. Aquí van atopar respostas a cómo facelo para conseguir que a acción titorial sexa, na práctica, parte do "que-facer" docente, contribuíndo así ao desenvolvemento integral dos estudantes e a mellorar a calidade da educación na devandita etapa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas as expostas na guía docente. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha, salvo que se realizarán tódalas actividades planificadas de xeito online, empregando para elo as ferramentas web facilitadas pola UDC. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Se empregarán os mesmos que xa figuran na guía docente, si ben, dándolle unha maior atención: - Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente. Segundo as necesidades do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. - Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo na materia. 4. Modificacións na avaliación Non se prevén máis modificacións que o feito de que a proba final da materia se realizará de xeito online. *Observacións de avaliación: Manténse todo o que figura na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que se poideron impartir no contexto da aula, ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se fan modificacións ao respecto.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes