Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Orientación, titoría e calidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades de presentación.

Brainstorming para coñecer os preconceito do alumnado acerca da materia obxeceto de estudo.
Análise de fontes documentais Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles/elas sós/soas partindo dalgunha indicación. Terannos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan.
Aprendizaxe colaborativa Propoñeranse unha serie de actividades grupales, para realizar dentro e fora da aula.
Sesión maxistral Na que a profesora explicará algún contido teórico da materia que non quedase claro cos documentos e vídeos de traballo publicados no Campus Virtual.
Traballos tutelados Haberá unha serie de traballos de diferente nivel de esixencia, que realizarán ao longo do curso baixo a tutela da profesora
Simulación Terán que deseñar unha actividade de titoría. Nun primeiro momento trataráse dunha simulación curta ao comenzo da asignatura sen máis referente que o que viviron eles/as na súa propia pel; e ao final da asignatura terán que representar na aula, a simulación con tódolos contidos aprendidos, tendo que ser o máis realista e adaptada a contextos posible, despois de ver toda a materia.
Proba de resposta múltiple Terán que demostrar que teñen adquiridos os coñecementos propios da materia, así coma capacidade de relacionar a teoría e a práctica
Foro virtual Empregaránse os foros do campus virtual para ir traballando os contidos. Eles/as teñen que ir incorporando rerlexións, dicindo cómo entenden os conceitos vistos, redactar preguntas que outras persoas intentarán responder, etc., xa que se traballará en "aula invertida" e as aulas serán unha posta en práctica do aprendido.
A profesora moderará os foros e só intervirá en caso de que o considere necesario.
A idea é que das súas aportacióss saian as preguntas do exame final, polo que terán que empregarse a fondo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Propiciarase a asistencia a algún evento que se realice na Universidade e que redunde na súa formación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes