Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Orientación, titoría e calidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas que os estudantes mostrarán os seus preconceptos acerca da materia obxecto de estudo, a trávés de técnicas como o brainstorming
Análise de fontes documentais Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles sós partindo dalgunha indicación. Teranos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan.
Aprendizaxe colaborativa Propoñeranse unha serie de actividades grupales, para realizar dentro e fose da aula.
Sesión maxistral Na que a profesora explicará diferentes contidos teóricos do programa.
Discusión dirixida Debates na aula partindo de temas que se presenten así como doutros que teñan que ver coa actualidade do campo de estudo.
Traballos tutelados Haberá unha serie de traballos de diferente nivel de esixencia, que realizarán ao longo do curso baixo a tutela da profesora
Presentación oral Pediráselles que presenten na aula algún dos traballos feitos.
Mapa conceptual Realizarase un mapa conceptual da asignatura que permita ao estudante realizar unha síntese da mesma e visualizar, de maneira global, todos os contidos e a súa conceptualización
Simulación Tenrán que deseñar unha actividade de tutoría e representala na aula, simulando unha situación o máis real posible.
Proba mixta Terán que demostrar que teñen adquiridos os coñecementos propios da materia, así coma capacidade de relacionar a teoría e a práctica
Eventos científicos e/ou divulgativos Propiciarase a asistencia a algún evento que se realice na Universidade e que redunde na súa formación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes