Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua e literatura galega e a súa didáctica
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Por descontado, e aínda que as competencias asignadas a cada resultado de aprendizaxe ben poden (e deben) ser asignadas aos outros resultados que aquí apunto, en liñas xerais trátase de que o alumnado comprenda e sexa quen de analizar, interpretar e dar forma aos contidos que rexen no ámbito da Didáctica da Lingua e a Literatura Galegas, atendendo ao mundo da investigación, ao ensino da lingua e a literatura da Galiza e, por suposto, a que están nun contexto diglósico por veces chamado bilingüe. Insistirase, porén, na aprendizaxe autónoma, na posta en escena e na aprendizaxe colaborativa, grupal, e autónoma; coa fin de que alumnos e alumnas sexan capaces de integraren a cadeira nun espazo máis amplo que se refire sempre ao mundo do Ensino Primario. Xa que logo, poderíanse centrar os resultados da aprendizaxe na análise do campo de coñecemento da Lingua e a Literatura galegas e a súa Didáctica e na súa fundamentación interdisciplinar. Por suposto, tamén no recoñecemento da complexidade na construción do coñecemento lingüístico-literario, histórico e social, así como a biodiversidade social e cultural da Galiza; e na adquisición de habilidades para o manexo das distintas fontes de información orais, materiais, documentais, audiovisuais e informáticas. A1
A2
A4
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A17
A19
A20
A22
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
B23
B24
B25
Tamén será fundamental a reflexión sobre dos valores que se transmiten desde a Didáctica da Lingua e a Literatura galega e a súa importancia na formación do pensamento social e na aprendizaxe de actitudes e valores democráticos, o coñecemento do currículo de lingua e literatura galegas na Educación Primaria e a análise das metas educativas, a selección e organización dos contidos, as extratexias de ensino e aprendizaxe e os criterios e formas da avaliación, así como o traslado á práctica educativa do marco teórico co obxetivo de ser capaces de reflexionar sobre propostas didácticas innovadoras e desenvolver actitudes críticas e creativas fronte a experiencias didácticas presentadas na aula. B7
B8
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B19
B20
B21
B22
C1
C2
Por último, a adquisición de competencias para transferir á práctica os coñecementos teóricos e deseñar propostas didácticas innovadoras que melloren as prácticas de ensino e aprendizaxe da lingua e a literatura galegas no contexto educativo da etapa 6 a 12 anos. C3
C4
C5
C6
C7
C8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes