Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua e literatura galega e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral que se complementará co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Por suposto, e dado que esta aplicación non permite diferenciar entre sesións maxistrais e sesións interactivas, quero salientar que coa primeira etiqueta estou a referirme ao eido das aulas, isto é, tanto ao apartado maxistral como ao interactivo
Traballos tutelados Realización dun traballo academicamente dirixido cuxa temática, de acordo co programa da cadeira, se anunciará durante a primeira semana de aulas ao grupo asistente a elas
Proba obxectiva O alumnado contará cun exame final que se realizará tendo en conta o calendario ao que obriga a facultade. Tendo en conta o devir do resto de cadeiras que compoñen o currículo do Grao así como, noutro orde de aspectos, a posíbel inasistencia ás aulas, a proba obxectiva resumirase, de xeito tradicional, nun exame final sobre diversos aspectos teórico-prácticos pertencentes ao material tratado e ás actividades realizadas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes