Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua e literatura galega e a súa didáctica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Consistirá na solución de calquera tipo de dúbidas a respecto da marcha do programa do curso, é dicir, sobre do temario e da actividade académica obrigatoria, así como sobre dos referidos posíbeis traballos que se poidan propor aos alumnos e alumnas. As dúbidas solucionaranse tanto nas aulas como durante o horario de atendimentos, non servindo o correo electrónico para solventar ningún tipo de dúbidas. Como xa sinalei, ben para o alumnado matriculado a tempo total ben para o que o faga a tempo parcial, tanto a realización da proba escrita final como a do traballo academicamente dirixido e a súa exposición pública serán aspectos necesarios para a superación da cadeira; e no caso dos alumnos e das alumnas matriculadas a tempo parcial non estarán eximidos ou eximidas da súa asistencia aular. Por outra parte, malia que agora nada se sinale a respecto da asistencia obrigatoria ás aulas na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña" aprobada o 4/05/2017; dispoñíbel en https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/dedicacion_estudo_permanencia.pdf), debido ao peso que no actual sistema universitario ten a participación aular, será imposíbel avaliar o alumnado que ben decida non participar nas aulas interactivas, ben aposte por non asistir nunca ou case nunca ás aulas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes