Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua e literatura galega e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 A43 A44 Proba escrita que, loxicamente, consistirá na recepción de parte do material teórico e/ou práctico co que se traballou nas aulas 50
Traballos tutelados A1 A4 A19 A20 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Realización dun traballo academicamente dirixido que implicará análise de fontes documentais, esquematizacións e lecturas. Para el terase en conta o material bibliográfico proposto nesta guía docente, así como puntual bibliografía ofrecida nas aulas. Este traballo deberá ser exposto e presentado publicamente nas aulas 45
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A52 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Quero salientar que, dado que con esta aplicación non se pode diferenciar entre sesións maxistrais e sesións interactivas, con este apartado refírome a ambas, tanto ás aulas que se ofrecen baixo o formato de relatorios e/ou palestras docentes como as que combinan as intervencións do profesor como as dos alumnos e alumnas. Por suposto, como os Estatutos da UDC apuntan é obrigada e necesaria a asistencia a todas as aulas 5
 
Observacións avaliación

De todas as maneiras, na cualificación final da cadeira influirán variantes como a asistencia aular (imprescindíbel), a participación e a dispoñibilidade, isto é, o interese amosado e demostrado e un tamén amosado interese pola proposta de actividades, así como, noutro orde, a posíbel redacción de máis traballos complementares que, previamente anunciados nas aulas e de ser o caso, ben poderían configurar o desenvolvemento dun xuízo que podería basearse parcialmente no portafolio. A respecto dos alumnos e/ou alumnas matriculados e matriculadas a tempo parcial e que, deste xeito, conten con autorización do órgano competente, tamén deberán realizar o exame final pautado pola facultade e o traballo academicamente dirixido, amais de estaren suxeitos e/ou suxeitas á necesidade, no segundo caso, da súa exposición pública aular. Finalmente, e non en van o nome da cadeira é Lingua e Literatura Galega e a súa Didáctica, o alumnado debe demostrar unha óptima solvencia comunicativa e escrita en idioma galego, polo que se esixirá un uso lingüístico galego oral impecábel e cada erro ortográfico se penalizará coa rebaixa de 0,25 puntos. Tanto o alumnado da primeira oportunidade como o da segunda deberá realizar ambas probas: así, na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de NON PRESENTADO(A) os alumnos ou as alumnas que non concorran á proba escrita e non realizasen o traballo dirixido e/ou os posibelmente propostos e anunciados nas aulas. Terán carácter de SUSPENSO(A) aqueles alumnos e aquelas alumnas que, amais de non demostraren unha solvencia impecábel no uso da lingua galega e de non amosaren un aproveitamento adecuado da materia; non se presenten á proba escrita aínda que realizasen a outra ou calquera das outras, mais de superaren a avaliación desta(s) actividade(s), conservaráselles a cualificación dela ou delas até a segunda oportunidade de avaliación. E os alumnos ou as alumnas que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación non realizasen a(s) actividade(s) de avaliación propia e a(s) de avaliación continua, terán de realizar ambas probas. Por suposto, amais da importancia do uso da lingua (repito que con máis de cinco erros lingüísticos o exame ou o traballo acadará a cualificación de suspenso), tanto para valorar os traballos, como a da participación nos debates e o exame final, tamén se terá en conta a utilización do coñecemento dispoñíbel, a comprensión das ideas básicas desenvolvidas, o dominio conceptual, a elaboración de ideas, a capacidade para relacionar ideas, a profundidade nas análises e na sua fundamentación, a capacidade crítica e o estilo propio e a claridade expositiva de esquemas e do seu desenvolvemento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes