Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Deseño e desenvolvemento curricular da educación física
   Contidos
Temas Subtemas
Tarefa 1. Introdución á materia. Trátase de coñecer a concepción de partida do alumnado sobre a materia de EF escolar e de situar a devandita materia no contexto da Educación Primaria. Analízanse as características xerais do alumnado de Educación Primaria respecto a a práctica de actividade física (desenvolvemento motor e condición física entre os 6 a 12 anos).
Tarefa 2. Análise do currículo de EF na Educación Primaria. O alumnado terá que analizar o currículo da materia de EF en función dos criterios achegados polo profesorado da materia, sendo capaz de identificar a formación exposta desde o currículo para o alumnado da etapa primaria.
Tarefa 3. Impartir (como docente) e vivencias (como alumnado) sesións de Educación Física. O alumnado terá que vivenciar o rol de profesorado e de alumnado na posta en práctica de sesións de EF.
Tarefa 4. Diseñar unha proposta didáctica. O alumnado terá que deseñar unha proposta didáctica, concretando os elementos didácticos a desenvolver segundo os criterios achegados polo profesorado e en base a un contexto determinado.
Tarefa 5. Elaborar un esquema de programación anual. O alumnado terá que facer unha proposta de distribución dos distintos contidos curriculares para un curso académico, agrupándoos en unidades de programación máis concretas (unidades didácticas, proxectos, situacións de aprendizaxe, etc.).
Tarefa 6. Proxecto "Facultade activa" Realizar achegas para a construción dun proxecto de facultade máis activa, centrado na promoción de estilos de vida máis saudables entre a comunidade universitaria, a partir das recomendacións da administración educativa para o desenvolvemento de plans de actividades físicas e hábitos saudables de centro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes