Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Deseño e desenvolvemento curricular da educación física
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Práctica de actividade física
Descrición
Práctica de actividade física

Na posta en práctica das sesións de actividade física, no caso de que o alumnado imparta a totalidade ou parte da sesión, o profesorado observará e realizará observacións a cada un dos alumnos/as sobre a forma de pór en práctica as distintas actividades. Ao final de clase, poranse en común co resto do grupo aqueles aspectos destacables relacionados coa docencia que xurdisen no desenvolvemento da sesión.


Traballos tutelados

Para a súa realización os alumnos poderán solicitar unha titoría grupal para revisar o traballo antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesorado poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non participar na clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.

A atención personalizada realizarase a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes