Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Deseño e desenvolvemento curricular da educación física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A57 A58 B2 B3 B5 B6 B11 B14 Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos. 50
Traballos tutelados A1 A3 A6 A8 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 B24 B25 C8 C6 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Físcia, segundo os principios vistos en clase.
O profesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das sesións da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que  participe en máis dun 80% das sesións da materia na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.

O alumnado que non participe nun 80% das sesións da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades. Realizarase unha proba (100%) na data marcada oficialmente pola
Universidade de A Coruña na que se deberá demostrar o dominio dos
contidos teórico-prácticos da asignatura.

NOTA: as metodoloxías
de “Práctica de actividade física” e “Saídas de campo” están suxeitas á
posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no
caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de
seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de
aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas
metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión
maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta
breve”).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes