Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Deseño e desenvolvemento curricular da educación física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A57 A58 B2 B3 B5 B6 B11 B14 Ao longo do curso iranse presentando ao alumnado diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos. 50
Traballos tutelados A1 A3 A6 A8 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 B24 B25 C6 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Físcia, segundo os principios vistos en clase.
O profesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das sesións da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que  participe en máis dun 80% das sesións da materia na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.

O alumnado que non participe nun 80% das sesións da materia (xa sexa alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades. Realizarase unha proba (100%) na data marcada oficialmente pola
Universidade de A Coruña na que se deberá demostrar o dominio dos
contidos teórico-prácticos da asignatura. A proba mixta terá dúas partes e será preciso aprobar ambas para facer media e superar a materia.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario.

A
metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as medidas
de seguridade dos participantes. Se non sedan as condicións de seguridade
adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo
virtuais (o desenvolvemento das competenciasligadas a estas metodoloxías
incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”,
“Presentación oral”, “Traballos tutelados”).

Os
traballos desta materia se entregan preferentemente de forma electrónica,
procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de
campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na
asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Asemade
deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta
materia.

É
primordial e necesaria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación),
gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para
superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes