Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación artística e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A53 A54 B11 B13 Mediante unha proba escrita o alumno deberá dar conta dos contidos das lecturas 30
Investigación (Proxecto de investigación) A56 B11 B12 B21 B24 B25 C3 Avaliación dos proxectos 70
 
Observacións avaliación

Sen dúbida, existen infinidade de formas e maneiras de avaliar, tantas como metodoloxías de ensino-aprendizaxe. Nesta guía docente plantexouse a educación como un proceso artístico, polo que a avaliación que aquí se plantexa, coherentemente, mana desde esta perspectiva. Deste xeito, tal e como plantexa Eisner (1995: 188), "a avaliación é unha ferramenta educativa mediante a cal pode exercerse a intelixencia profesional en beneficio dos estudantes". Isto ven a demostrar que avaliar é cuestión de dous implicados: estudantes e o profesor, polo que os criterios deben ser reflexionados e acordados en grupo. Ademáis, en ocasións se lles pedirá ao alumnado que elaboren autoavaliacións, mediante unha reflexión persoal e crítica dos procesos que experimentaron.

Como se pode intuir, esta materia implica un compromiso forte do estudante co seu propio proceso de aprendizaxe artístico. Deste xeito a asistencia a clase resulta necesaria, non como unha obriga -que tamén o é no espazo europeo de educación superior-, dado que os procesos viviranse na propia aula e o transcurso da materia írase construindo entre todos. A asistencia non é un formalismo, senón que se exise a participación activa e crítica do alumno dentro da aula.

Tendo en conta esto, como criterios de calificación, haberá que aprobar todos os proxectos por separado para superar a materia. Na calificación final, a parte da nota media obtida nos tres proxectos, de maneira cualitativa terase MOI EN CONTA o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo do curso.
 
O alumnado NON presencial (entendendo por tal aquel que pola causa que sexa non poda cumprir coas exisencias de asistencia mínimas) terá dereito a un exame teórico-práctico (NON realizará ningún proxecto), que versará sobre os tres bloques de contidos. Para resolver esa proba o alumno/a conta coa bibliografía existente nesta guía docente.

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbe,
non utilizar plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel
reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural.Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes