Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Educación inclusiva e multicultural Código 652G02016
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Nuñez Mayan, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.nunez.mayan@udc.es
Profesorado
Nuñez Mayan, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.nunez.mayan@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral Para comprender de xeito holístico o cometido da Educación Inclusiva e Multicultural perante as xeracións máis novas de escolares da nosa sociedade, e para podermos contribuir á construción crítica deste cometido, cabe situar este ámbito de formación e investigación --tanto as aproximacións conceptuais como as conexións entre teoría e práctica pedagóxica-- no amplo, complexo e dinámico contexto histórico de desenvolvemento das sociedades e da convivencia humana no mundo actual. Este "enmarcamento" da asignatura de Educación Inclusiva e Multicultural tenta transcender as focaxes que se limitan a abordar a cultura escolar da etapa de Infantil, ou os procesos de aprendizaxe dentro da institución educativa en si, e pouco máis. Máis que iso, procura revelar as conexións que ten este corpo de coñecementos con outros ámbitos de educación e con outras esferas de produción socio-cultural, como son: a educación no seo da familia, as expresións de cultura popular e a formación da identidade nas comunidades tanto locais como globais, o rol dos medios de comunicación na sua produción e reprodución destes procesos, do sistema económico capitalista (cada vez máis globalizado e neoliberal), da política dos estados-nación e do ámbito transnacional das migracións, dos dereitos humanos, dun medioambiente finito, das relixións, dos pobos, dos xéneros, das sexualidades, da dis/capacidade, e doutros factores determinantes da diversidade humana. Desde este marco "glocal", educar para a xustiza intercultural e o acceso igualitario áos bens das democracias --acceso a un sistema educativo que optimice a formación intelectual e o desenvolvemento persoal de todas e cada unha das mentes novas-- é un labor relacional e transversal que emerxe e participa destes múltiples ámbitos sociais solapados, e que pode e debe incidir neles para fomentar ditos dereitos. Require, polo tanto, unha pedagoxía que abarque contidos e temas curriculares reveladores das desigualdades, exclusións e opresións, e construtores da "igualdade na diversidade". Esta formación ten connotacións éticas e/ou controvertidas, e comprende procesos organizativos e didácticos colaboradores, colectivizantes e transformadores, que establezan pontes entre a necesaria reflexión teórica e a imprescindíbel posta en práctica. Así mesmo, precisa dunha orientación crítica sobre as relacións humanas que sexa á vez intrapersoal (auto-reflexiva) e interpersoal, e tanto intergrupal como colectivo-global. As grandes liñas de estudo inclúen: - Globalización e curriculum na Educación Primaria, e formas interculturais de representación e participación igualitaria na etapa de Primaria. - Multiculturalismo, prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares. - Modelos de Educación Inclusiva, Multicultural, Intercultural e Anti-Racista. - Atención á diversidade cultural e funcional, e a inclusión na escola: minorías étnicas, inmigrantes, emigrantes e alumnado con diversidade funcional. - Estratexias didácticas de atención á diversidade e de educación inclusiva na etapa de Educación Primaria.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes