Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Inclusive and Multicultural Education
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2019/20
Subject (*) Inclusive and Multicultural Education Code 652G02016
Study programme
Grao en Educación Primaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Basic training 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Nuñez Mayan, Maria Teresa
E-mail
teresa.nunez.mayan@udc.es
Lecturers
Nuñez Mayan, Maria Teresa
E-mail
teresa.nunez.mayan@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
General description Para comprender de xeito holístico o cometido da Educación Inclusiva e Multicultural perante as xeracións máis novas de escolares da nosa sociedade, e para podermos contribuir á construción crítica deste cometido, cabe situar este ámbito de formación e investigación --tanto as aproximacións conceptuais como as conexións entre teoría e práctica pedagóxica-- no amplo, complexo e dinámico contexto histórico de desenvolvemento das sociedades e da convivencia humana no mundo actual. Este "enmarcamento" da asignatura de Educación Inclusiva e Multicultural tenta transcender as focaxes que se limitan a abordar a cultura escolar da etapa de Infantil, ou os procesos de aprendizaxe dentro da institución educativa en si, e pouco máis. Máis que iso, procura revelar as conexións que ten este corpo de coñecementos con outros ámbitos de educación e con outras esferas de produción socio-cultural, como son: a educación no seo da familia, as expresións de cultura popular e a formación da identidade nas comunidades tanto locais como globais, o rol dos medios de comunicación na sua produción e reprodución destes procesos, do sistema económico capitalista (cada vez máis globalizado e neoliberal), da política dos estados-nación e do ámbito transnacional das migracións, dos dereitos humanos, dun medioambiente finito, das relixións, dos pobos, dos xéneros, das sexualidades, da dis/capacidade, e doutros factores determinantes da diversidade humana. Desde este marco "glocal", educar para a xustiza intercultural e o acceso igualitario áos bens das democracias --acceso a un sistema educativo que optimice a formación intelectual e o desenvolvemento persoal de todas e cada unha das mentes novas-- é un labor relacional e transversal que emerxe e participa destes múltiples ámbitos sociais solapados, e que pode e debe incidir neles para fomentar ditos dereitos. Require, polo tanto, unha pedagoxía que abarque contidos e temas curriculares reveladores das desigualdades, exclusións e opresións, e construtores da "igualdade na diversidade". Esta formación ten connotacións éticas e/ou controvertidas, e comprende procesos organizativos e didácticos colaboradores, colectivizantes e transformadores, que establezan pontes entre a necesaria reflexión teórica e a imprescindíbel posta en práctica. Así mesmo, precisa dunha orientación crítica sobre as relacións humanas que sexa á vez intrapersoal (auto-reflexiva) e interpersoal, e tanto intergrupal como colectivo-global. As grandes liñas de estudo inclúen: - Globalización e curriculum na Educación Primaria, e formas interculturais de representación e participación igualitaria na etapa de Primaria. - Multiculturalismo, prexuízos, estereotipos, racismo, xenofobia e outros tipos de discriminación e exclusión nas institucións escolares. - Modelos de Educación Inclusiva, Multicultural, Intercultural e Anti-Racista. - Atención á diversidade cultural e funcional, e a inclusión na escola: minorías étnicas, inmigrantes, emigrantes e alumnado con diversidade funcional. - Estratexias didácticas de atención á diversidade e de educación inclusiva na etapa de Educación Primaria.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes