Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
   Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada realízase principalmente dentro da aula de clase, mais tamén fóra durante as titorías. Concíbese como momentos de apoio que o profesorado ofrece a cada alumna ou alumno a título individual. Irase concretando a medida que se realizan as actividades da materia, en función das necesidades detectadas.

Aparte da atención personalizada, o profesorado apoiará ao alumnado de xeito colectivo nas actividades a seguir:

- Na análise colaborativa tanto das lecturas básicas como doutras lecturas repartidas en clase. Tamén se fará uso de distintos recursos impresos elaborados por diversas institucións e artigos de prensa.
- Nas sesións de deliberación coa participación do grupo-clase.
- Na investigación que as distintas equipas de alumnado irán elaborando ao longo da materia, que terá como bases fundamentais: a pesquisa na que empregar fontes documentais en diversos formatos; o estudo de casos; e a recollida de información procedente de distintos entornos sociais e educativos.
- Na reflexión colectiva e individual, que será complementaria coa información recollida nas fontes científicas.
- Na idea de "practicar o que se predica": o alumnado traballará a maior parte do tempo en pequenos grupos, e cada grupo reflexionará sobre o reparto de tarefas e roles, e sobre os esforzos solidarios e cooperativos feitos dentro do grupo de cara a fomentar o apoio mutuo.
- No traballo cooperativo nos pequenos grupos, que se levará a cabo tanto dentro como fóra da aula.
O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes