Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A18 A23 Na presentación participarán todos os membros do grupo.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
--------------------------------------------------

10
Proba mixta A6 A7 A8 A9 A11 -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
Portafolios do alumno B22 B23 B24 B25 C3 PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO : O dossier constará de tres apartados.

1. ANÁLISE, REFLEXIÓN E TRASFERE NCIA Á PRÁCTICA DOS CONCEPTOS ESENCIAIS DA ASIGNATURA,
Partindo do traballo sobre os textos que se debatirán en pequeño e gran grupo nas sesións interactivas.


2. ANÁLISE DAS EXPERIENCIAS E CASOS TRABALLADOS NA AULA


3. SECUENCIA DIÁCTICA PARA TRABALLAR A DIVERSIDADE FUNCIONAL OU CULTURAL NUN AULA DE PRIMARIA PARTINDO DUN CONTO OU DUNHA PELÍCULA SOBRE






40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será necesario acadar,
como mínimo, unha puntuación de 4 (de 10) en cada unha das actividades
avaliadas:portafolio e exame final.

As porcentaxes especificadas aplícanse
ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario. O
alumnado non asistente realizará únicamente a proba mixta, que será específica para este alumnado, aínda que se realice na mesma sesión que o alumnado asistente.  Na titoría a profesora indicará a bibliografía de referencia que debe usar este alumnado para a preparación do exame final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes