Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Inclusive and Multicultural Education
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A18 A23 Na presentación participarán todos os membros do grupo.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
--------------------------------------------------

10
Mixed objective/subjective test A6 A7 A8 A9 A11 -------------------------------------------------
Terá carácter individual. Pode estar constituida por diversos tipos de preguntas. Especificarase o peso de cada pregunta, de ser varias.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
Student portfolio B22 B23 B24 B25 C3 PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DOS PORTAFOLIOS :CADA UN DOS GRUPOS FORMADOS PARA TRABALLAR NAS SESIÓNS INTERACTIVAS ELABORARÁ UN PORTAFOLIOS QUE CONSTARÁ DOS SEGUINTES ELEMENTOS:

1. ANÁLISE DE EXPERIENCIAS, CASOS E TEXTOS TRABALLADOS NA AULA.
2. SECUENCIA DIÁCTICA PARA TRABALLAR A DIVERSIDADE FUNCIONAL OU CULTURAL NUN AULA DE PRIMARIA PARTINDO DUN CONTO OU DUNHA PELÍCULA SOBRE DIVERSIDADE FUNCIONAL OU CULTURAL.







40
 
Assessment comments

A proba mixta puntuarase de 0 a 10 e o portafolio, igualmente de 0 a 10. Para aprobar a materia será necesario acadar,
como mínimo, unha puntuación de 5,  tanto no portafolio coma na proba mixta ou exame final.

No caso do alumnado que suspenda unha das partes, non se fai media. A  cualificación será a da parte suspensa.

As porcentaxes especificadas aplícanse
ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario das sesións interactivas. O

As condicións de avaliación son idénticas na primeira e segunda oportunidade.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, ou o que compaxina estudos e traballo, sempre que poida probar debidamente esta circunstancia, ou o alumnado que poida padecer enfermidades prolongadas,  deberá acudir a titorías co fin de determinar os traballos sustitutorios  da actividade interactiva presencial. Presentará portafolio individual e realizará a proba mixta.


O alumnado non asistente que non está nas condicións anteriores, ou non as acredita debidamente, realizará únicamente a proba mixta, que será
específica para este alumnado e que supoñerá o 100% da avaliación. Na titoría deberá consultar a
bibliografíacomplementaria que debe usar este alumnado para a
preparación do exame final.

Recoméndase
enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar
plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar
imprimir borradores.

 Débese facer
un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural.

 Débese ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes