Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua e literatura castelá e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua e literatura castelá e a súa didáctica Código 652G02017
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Carballal Miñan, Patricia
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
Profesorado
Carballal Miñan, Patricia
Correo electrónico
patricia.carballal@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral 1. Desenvolvemento das competencias en expresión oral, lectura e escritura en lingua castelá. Coñecemento e dominio de técnicas de expresión oral e escrita. 2. Características da aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. 3. Desenvolvemento e avaliación de contidos curriculares de lingua castelá a través dos recursos didácticos axeitados. 4. Adquisición de formación literaria e de coñecementos básicos de Literatura Castelá. 5. Panorámica actual da Literatura Infantil e Xuvenil en lingua castelá. 6. Literatura e aprendizaxe lingüística. A utilización escolar dos diferentes xéneros literarios e doutros textos. A biblioteca na aula.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: -Mantéñense todas as metodoloxías Metodoloxías docentes que se modifican: -Non se modifica ningunha metodoloxía 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: – Correo electrónico: en horario lectivo. Pode empregarse para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: en horario lectivo. Crearanse foros e tarefas para o intercambio de opinións do alumnado e para poñer en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. A través de presentacións e lecturas propostas explicaranse os contidos. Asimesmo achegarase bibliografía específica dos diferentes temas expostos en caso de que o estudantado non poda acceder a ela. – Teams: cando se requira por parte dos/as alumnos/as, sempre no horario de titorías da profesora ou no marco horario da materia. 4. Modificacións na avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: -As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%). b) Resumo/ reflexión individual (30%) B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%). b) Resumo/ reflexión individual (30%) C) Alumnado non presencial: a) Proba mixta (100)% b) En casos excepcionais e previa autorización por parte da docente, os /as estudantes non presenciais poderán realizar o traballo de modo individual e o resumo/reflexión individual. 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes