Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua e literatura castelá e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo A46 A47 B7 B8 B9 B15 C1 Resumo e reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas ao longo da materia. 30
Aprendizaxe servizo A43 A44 A45 A46 A48 A50 A51 A52 B24 B23 B22 B21 B15 B10 B9 B8 B7 B6 B25 C1 C8 Proposta didáctica por parte dun grupo de estudantes de la materia nun centro educativo, que versará sobre educación literaria e lingüistica, e que dará resposta a necesidades previamente detectadas. Sobre esta proposta os/as grupos de estudantes elaborarán unha memoria escrita que será entegada á docente. 70
 
Observacións avaliación

Asistencia

A asistencia regular ás aulas dará ao alumno ou alumna o dereito de realizar os traballo titorizado de Aprendizaxe-Servizo. Se o/a alumno/a ou non cumpre con este requisito de asistencia (é dicir, falta máis dun 20% das horas) será avaliado/a unicamente mediante a proba obxectiva fixada en xuño pola xunta de facultade.

Modalidades de avaliación

  • Os alumnos e alumnas presenciais (é dicir, aqueles que asistan a un 80% das clases), para superar a materia na oportunidade de xuño, deberán obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 tanto no traballo de Aprendizaxe servizo como no resumo. Cunha nota inferior en calquera das dúas partes non superarán a materia e deberán presentarse á oportunidade de xullo para ser avaliados da parte que non superaran na convocatoria anterior.
  • Os alumnos e alumnas non presenciais (aqueles que falten a más dun 20% das clases) serán avaliados na oportunidade de xuño soamente mediante unha proba obxectiva, na data fixada pola Xunta de Facultade.

Realización fraudulenta das probas

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: a persoa será cualificada con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes