Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua e literatura castelá e a súa didáctica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica/652G02029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Teoría da educación/652G02001
Socioloxía da educación/652G02004

Materias que continúan o temario
Lingua castelá e a súa didáctica/652G02010
Literatura infantil e xuvenil e a súa didáctica/652G02029

Observacións

A asistencia regular ás aulas dará ao alumno ou alumna o dereito de realizar os traballos titorizados. Se o alumno ou alumna non cumpre con este requisito de asistencia (é dicir, falta máis dun 20% das horas) será avaliado unicamente mediante a proba obxectiva fixada en xuño pola xunta de facultade.

En ningún caso se permitirá o plaxio. De ser detectado en calquera traballo, exame ou outro documento entregado á profesora, este será avaliado directamente cun 0 (nunha escala do 0 ao 10).

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar o respecto e a igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Todos os traballos serán enviados telematicamente e só se imprimirán en casos excepcionais, coa fin de facer un uso sustentable dos recursos e previr impactos negativos sobre o medio natural.

 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes