Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos distintos contidos da materia por parte do profesor, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado.
Lecturas Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.

Prácticas de laboratorio Traballo na aula sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.Tamén se resolverán problemas matemáticos.

Proba mixta Probas on-line individuais ao longo do cuadrimestre para realizar unha avaliación continua da materia. Nestas probas avaliaranse os contidos impartidos na sesións maxistrais, nas prácticas de laboratorio e nas lecturas dos apuntamentos da materia subidos ao Moodle.
Actividades iniciais Diálogo entre o/a docente e o estudantado para coñecer os intereses e motivacións do estudantado
Discusión dirixida Diálogo na aula entre estudantes e co profesorado, dirixido por este último, sobre aspectos concretos dos diferentes temas
Traballos tutelados Proporase un traballo relacionado con algún ou algúns contidos da materia. Presentarase un informe escrito, e realizarase a defensa do traballo mediante un vídeo. Eses vídeos serán proxectados na aula nas últimas semanas do curso para un debate aberto. Realizarase polo menos unha titoría de seguimento na que o grupo debe expor oralmente os progresos ata o momento e as liñas de continuidade, ademais de presentar un guión escrito. Serán traballos a realizar en grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes