Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Participación nunha rede social da materia, onde cada estudante proporá temas e comentará os propostos por outros estudantes.
Lecturas Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.

Prácticas de laboratorio Traballo na aula, en grupos reducidos ou de forma individual sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.

Presentación oral Exposición na aula do traballo realizado en equipo por cada un dos membros do grupo.
Proba mixta Proba escrita (exame) onde combinaranse preguntas abertas e pechadas. En principio referirase o exame final da materia, aínda que pode haber outras probas ó longo do curso.
Sesión maxistral Exposición dos distintos contidos da materia por parte do profesor, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado.
Proba de resposta múltiple Test optativos para cada un dos contidos, que se farán ao finalizar o traballo en clase de cada un dos temas do curso.
As datas para a súa realización comunicaranse ao comezo do curso e realizarase a través da plataforma virtual.
Se un estudante non pode realizar algún test no horario indicado, debe comunicalo ao docente antes desa data, e acordarase unha nova data de realización.
Para a avaliación na 2ª oportunidade fixarase unha data para a realización dos test de todos os temas.
Traballos tutelados Traballo extenso, realizado en grupo, relacionado con algún ou algúns dos temas ou contidos da materia. Presentarase en modo de informe escrito e posteriormente será exposto a toda a clase en "Presentación oral".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes